CRECEN AS QUEIXAS VECIÑAIS EN SADA ANTE A POSIBLE SUBIDA DO 25% NO RECIBO DO LIXO

Os veciños de Sada amosan o seu malestar ante a posible suba da taxa do lixo prevista para 2027.*

Segundo a información que está circulando entre a veciñanza, o recibo podería pasar dos aproximadamente 86 euros actuais aos 110 euros cada semestre, o que suporía pagar uns 220 euros ao ano.

A noticia está a xerar numerosas queixas entre os residentes, que consideran inxustificado ter que asumir un novo incremento económico cando, segundo denuncian, o servizo de recollida e limpeza presenta importantes deficiencias.

«Imos pagar un 25% máis por un servizo que deixa moito que desexar», é o sentimento que trasladan moitos veciños.

As críticas tamén apuntan ao modelo de xestión a través do Consorcio, sobre o que reclaman máis explicacións e transparencia.

A veciñanza pide ao Concello que dea a cara, explique os motivos desta posible subida e, sobre todo, garanta que o incremento da factura vaia acompañado dunha mellora real do servizo.

*OS VECIÑOS QUEREN PAGAR POR UN SERVIZO DIGNO, NON POR UN SERVIZO QUE CONSIDERAN DEFICIENTE.*

A pregunta queda no aire: ¿Está xustificado pagar 110 euros cada semestre polo servizo de lixo en Sada?