
Os veciños de Cambre amosan a súa preocupación polo estado dunha vía na zona de Tapia, onde unha fochanca leva máis de 15 días sen ser reparada, converténdose nun posible perigo para os condutores e demais usuarios da estrada.
Segundo denuncian os residentes, as obras nesta zona remataron hai xa varios meses e, a pesar diso, o firme continúa pendente de acondicionamento.
Os afectados reclaman unha solución urxente e piden ás administracións responsables que aclaren cando está previsto realizar o asfaltado.
«Sexa de quen sexa a competencia, alguén terá que facerse cargo», sinalan os veciños, que consideran necesario actuar canto antes para evitar posibles accidentes.
A pregunta que trasladan é clara: *cando se vai proceder a asfaltar a Tapia?*
Os residentes piden que non se prolongue máis a espera e que se dea unha resposta e unha solución a un problema que, denuncian, leva demasiado tempo sen atenderse.
