
O piloto do Ferreiro Team afronta as dúas últimas citas da tempada co obxectivo de pelexar polos postos de honra tras un verán dedicado por completo a mellorar o seu vehículo.
David Ferreiro Caamaño, coñecido como o Piloto Bravo das Salgueiras, chega a Carballo con ilusión, ambición e, sobre todo, coa firme intención de loitar polo podio no Autocross.
O piloto do Ferreiro Team leva todo o verán traballando arreo no seu vehículo, realizando reparacións e importantes melloras para afrontar con garantías este treito final da tempada. Un traballo silencioso e constante que agora espera ver recompensado na pista.
O propio David teno claro: “Nestas dúas últimas carreiras imos ver o mellor David”. Unha declaración de intencións que desde Faro compartimos plenamente, convencidos de que o piloto de Ferreiro Team ten argumentos e preparación para dar moito que falar nestas últimas probas.
Un verán de traballo para chegar máis forte
Tras varios meses de competición, David aproveitou o verán para poñer o coche a punto, solucionar problemas e introducir melloras pensando precisamente nestas últimas carreiras.
O obxectivo é claro: chegar a Carballo en condicións de competir ao máximo nivel e pelexar por un resultado que premie todo o esforzo realizado durante estes meses.
O recordo de Arteixo
Un dos episodios que aínda está presente na memoria do equipo é o acontecido en Arteixo, onde David acabou sendo penalizado nunha decisión que xerou polémica.
Desde o entorno do piloto consideran que as imaxes da carreira merecen ser revisadas con atención, especialmente polo momento no que se produce a acción e pola participación de Óscar na entrega do coche. A situación provocou malestar no equipo, que entende que David non debería verse prexudicado por unha decisión que consideran inxusta.
Agora, con todo, toca mirar cara adiante.
Carballo preséntase como unha nova oportunidade para demostrar na pista todo o traballo realizado durante o verán. David chega preparado, motivado e con ganas de competir.
Dúas carreiras. Un obxectivo: o podio.
Desde Faro só podemos dicir unha cousa:
