
A Asociación Veciñal Encrobas Viva participou en Carral nun coloquio organizado pola Asociación Salvemos Barcia Xalo para coñecer e analizar as posibles consecuencias do proxecto de central hidroeléctrica reversible no lago.
A entidade veciñal destacou a importancia de que a cidadanía estea informada e poida participar nas decisións que afectan ao territorio, reclamando que o futuro do rural non se decida ás costas da veciñanza.
Encrobas Viva tamén quixo recoñecer o traballo das asociacións e plataformas que se mobilizan para informar e defender o territorio.
Baixo a lema «A terra non se vende», a asociación reafirma o seu compromiso coa defensa dun rural vivo, sostible e con futuro, e asegura que continuará apoiando as iniciativas de mobilización e participación veciñal.
