Éxito total do Bercamel en Carballo, cunha Praza do Concello chea de mel e ambiente

A Praza do Concello de Carballo convértese hoxe no epicentro da apicultura coa celebración do Bercamel, unha feira que reúne meles, produtos apícolas e moito ambiente nunha xornada marcada pola participación e o interese do público.

As persoas produtoras teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus produtos e compartir cos visitantes a riqueza e a calidade do sector apícola, nunha cita que pon en valor o traballo dos profesionais do mel e a importancia desta actividade no territorio.

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e o concelleiro de Feiras e Mercados, Ramón Varela, achegáronse xa á feira para compartir a xornada coas persoas produtoras e co público asistente.

O Bercamel volve demostrar así o seu atractivo como punto de encontro entre produtores e consumidores, nun ambiente festivo que enche de vida o centro da vila e contribúe á promoción dos produtos locais e á dinamización do comercio.

Unha xornada para descubrir, degustar e gozar do mellor do mundo apícola en Carballo.