
Un ciclista resultou ferido na tarde deste martes tras ser atropelado por un turismo mentres circulaba pola Travesía de Arteixo, no municipio coruñés de Arteixo.
O accidente produciuse arredor das 19.00 horas, cando un particular alertou ao servizo de emerxencias 112 Galicia de que había un ciclista ferido e tendido no chan.
Tras recibir o aviso, a central de emerxencias mobilizou os servizos de Urxencias Sanitarias, o persoal de Emerxencias e efectivos da Policía Local para atender o suceso.
Polo momento, non transcenderon máis datos sobre as circunstancias do atropelo nin sobre o estado do ciclista ferido.
