
Un veciño de Cerceda, de 51 anos, resultou ferido este mércores tras ser atropelado por un camión mentres traballaba na canteira de Soandres, no termo municipal da Laracha.
O accidente laboral produciuse arredor das 10:30 horas da mañá, momento no que se activou a alerta para solicitar asistencia ante o sinistro.
Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias para atender o traballador, que resultou ferido como consecuencia do atropelo.
As circunstancias nas que se produciu o accidente están pendentes de esclarecer.
