INCENDIO NUN ALMACÉN EN RIANXIÑO, NO CONCELLO DE RIANXO

Efectivos dos Parques de Bombeiros Provinciais de Boiro e Ribeira interviñeron na extinción dun incendio declarado nun almacén situado no lugar de Rianxiño, no concello de Rianxo.

O operativo contou tamén coa colaboración de Protección Civil de Rianxo, a Policía Local e a Garda Civil, que participaron nas tarefas de intervención.

Os servizos de emerxencia desprazáronse ata o lugar para facer fronte ao lume e controlar a situación.

Fonte: Bombeiros de Boiro.