Independientes x Cee denuncia o perigo dunha alcantarilla rota e levantada no Campo do Sacramento

A formación critica a falta de atención do Goberno de Margarita Lamela ás zonas que quedan fóra do centro urbano.*

Independientes x Cee denuncia o estado no que se atopa unha alcantarilla rota e levantada no Campo do Sacramento, unha situación que supón un perigo real tanto para os peóns como para os vehículos que circulan pola zona.

A formación considera que este desperfecto evidencia a falta de mantemento e atención por parte do Goberno municipal, encabezado por Margarita Lamela, ao que acusa de descoidar as necesidades dos veciños e veciñas que viven fóra do centro de Cee.

Desde Independientes x Cee reclaman unha actuación para solucionar o problema e evitar posibles accidentes, insistindo na necesidade de garantir a seguridade nas rúas e nos espazos públicos de todo o municipio.

A formación critica que *Cee non é só o centro* e lembra que os barrios e as distintas zonas do concello tamén precisan atención, mantemento e servizos adecuados.

Independientes x Cee considera fundamental que o Goberno local actúe con maior dilixencia ante este tipo de situacións e atenda as demandas veciñais para evitar que problemas como este se prolonguen no tempo.