Iniciadas as obras de rehabilitación do parque e campo da festa de Santiso

Xa deron comezo as obras de rehabilitación do parque e campo da festa de Santiso, unha actuación que permitirá renovar, acondicionar e poñer en valor este espazo de uso veciñal.

O proxecto conta cun investimento de 44.394,90 euros e ten como obxectivo mellorar as condicións deste equipamento público, favorecendo a súa accesibilidade, funcionalidade e aproveitamento por parte da veciñanza.

As obras están sendo executadas pola empresa Instalaciones Bahia Park S.L. e están financiadas ao abeiro do Programa de creación, mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados a servizos municipais 2026 da Xunta de Galicia.

A actuación permitirá mellorar e acondicionar un espazo de especial importancia para a vida social e veciñal de Santiso, contribuíndo a que o parque e o campo da festa dispoñan dunhas instalacións máis accesibles, funcionais e adaptadas ás necesidades actuais.

Con esta intervención, continúase avanzando na mellora e posta en valor dos espazos públicos das parroquias, favorecendo a creación de contornos máis coidados e axeitados para o uso e desfrute da veciñanza.