Laxe celebrou unha nova edición do Solpor Poético

A Praia dos Cristais volveu converterse este sábado, 22 de agosto, nun escenario privilexiado para a cultura coa celebración do XX Solpor Poético e Certame de Poesía Antón Zapata García.

Durante o encontro tivo lugar a entrega de premios do XX Certame de Poesía, nunha cita que puxo en valor a creación literaria e a poesía galega nun dos espazos máis singulares do Concello de Laxe.

A xornada completouse coa música de Xoán Curiel e Iris Gey, que presentaron o seu espectáculo Treides Comigo!, poñendo a banda sonora a un fermoso solpor á beira do mar.

Desde o Concello de Laxe queremos agradecer a participación de todas as persoas que nos acompañaron, así como dos autores e autoras, artistas e de todas as persoas que fixeron posible esta nova edición.

Poesía, música, cultura e un escenario único: Laxe.