Lemaio celebra esta fin de semana as festas na honra de Santa Mariña

A parroquia de Lemaio, no concello da Laracha, vivirá esta fin de semana unha nova edición das festas na honra de Santa Mariña, cun programa pensado para reunir á veciñanza e aos visitantes nun ambiente festivo.

A programación arrancará o venres 18 de xullo cunha gran verbena amenizada polo grupo Mar da Vila, que será o encargado de poñer a música á primeira noite das celebracións.

As festas continuarán o sábado 19 de xullo, cando o Dúo Reflejos ofrecerá unha nova verbena para pechar un intenso fin de semana de celebracións.

As festas están organizadas pola Comisión de Festas de Lemaio, coa colaboración do Concello da Laracha, que anima á veciñanza e aos visitantes a participar nesta cita tradicional do calendario festivo do municipio.