
A asociación Malpica Felina expresa o seu malestar polas protestas pola súa presenza nas antigas escolas e defende o traballo que realiza en favor do benestar animal no municipio.
A entidade lembra que as instalacións estaban abandonadas e destaca o seu labor no rescate de gatos, a atención veterinaria e a procura de fogares responsables. Ademais, considera insuficientes as achegas económicas do Concello para cubrir os gastos de alimentación, tratamentos e recuperación dos animais.
A asociación pide respecto pola súa actividade e unha convivencia baseada na tolerancia coas demais entidades. «Non pedimos privilexios», sinala no comunicado, no que reafirma o seu compromiso de seguir rescatando e coidando animais abandonados.
