Mato impulsa novos aparcamentos e zonas verdes para a veciñanza de Ponteceso

O Concello de Ponteceso dá un novo paso para mellorar os servizos e os espazos públicos do municipio coa adquisición de varias parcelas situadas no núcleo de Ponteceso.

Esta actuación permitirá habilitar novas prazas de aparcamento, así como crear zonas verdes e áreas de lecer destinadas ao desfrute da veciñanza. Con esta intervención búscase dar resposta a unha das necesidades existentes no núcleo urbano e facilitar o día a día das persoas residentes e visitantes.

O proxecto contribuirá tamén á mellora dos servizos públicos e á recuperación e posta en valor de espazos do municipio, xerando novas áreas para o estacionamento, o descanso e o encontro veciñal.

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, destacou a importancia desta actuación para seguir avanzando na mellora e transformación dos espazos públicos do municipio.

Desde o Concello queremos expresar o noso agradecemento ás familias Couto-Torrado, Torrado-Rellán e Valdés pola súa colaboración e disposición, fundamentais para facer posible este proxecto.

Máis aparcamento, máis zonas verdes e máis espazos para a veciñanza. Un novo paso para seguir mellorando Ponteceso. 🅿️🌳🤝