
Os responsables continúan sen reparar os danos no camiño malia os avisos da Policía Local.
Novo capítulo dos chamados piratas da madeira en Muxía. Máis dun ano despois, o camiño do monte continúa sen arranxar, a pesar de que, segundo a denuncia, os responsables xa foron advertidos pola Policía Local.
Os denominados piratas de Muxía —aos que non considero auténticos maderistas— parecen demostrar que cumprir coas obrigas e respectar as normas non vai con eles. Mentres tanto, o camiño segue agardando por unha reparación que non chega.
Canto tempo máis hai que esperar para que se repoña o camiño ao seu estado anterior? De que serven os avisos se, pasado máis dun ano, todo continúa igual?
A veciñanza merece explicacións e solucións, non o silencio nin a resignación. Se hai danos que reparar e responsabilidades que asumir, cómpre que as administracións competentes actúen e esixan o cumprimento das obrigas correspondentes.
En Muxía, a paciencia tamén ten un límite. E os camiños do monte non poden quedar abandonados á vontade de quen os estraga.
Continuará a serie dos piratas da madeira ou chegará, por fin, o capítulo da reparación e das responsabilidades?
