
O Concello continúa coa programación de limpeza e acondicionamento dos camiños municipais, así como coas labores de mantemento das gabias, co obxectivo de garantir o correcto estado dos viais e mellorar a seguridade e a circulación.
Durante estas xornadas, os traballos céntranse na retirada da terra que invade a calzada e que, en determinados puntos, reduce o ancho dispoñible para a circulación. Ao mesmo tempo, estase actuando sobre as gabias, coa súa limpeza, reposición e liberación, para favorecer a correcta evacuación das augas, especialmente durante os períodos de choiva.
Estas actuacións forman parte do labor de mantemento habitual das vías municipais e buscan previr problemas derivados da acumulación de terra, vexetación ou auga, contribuíndo a conservar os camiños nunhas condicións axeitadas.
Paralelamente, o Concello continúa coa tramitación de diversos expedientes relacionados coa xestión da maleza e da vexetación que invade as vías públicas. Neste sentido, estase actuando especialmente naqueles casos nos que a vexetación existente nas parcelas particulares invade ou dificulta o uso normal dos espazos públicos.
Durante o pasado mes, varios destes expedientes foron pechados tras comprobarse o cumprimento dos requirimentos por parte dos propietarios e propietarias, dando así continuidade ao labor municipal de conservación e mantemento dos espazos e vías públicas.
