
O Concello de Boiro vén de iniciar as obras de mellora do camiño rural que comunica Pomar do Río con Enseño, na parroquia de Cures, cun investimento de *102.944,84 euros*.
A actuación, cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), contempla a instalación dunha nova canalización para a recollida de augas pluviais e fecais, así como a renovación e mellora do firme do vial.
O obxectivo destes traballos é mellorar as condicións de circulación e a infraestrutura deste camiño rural, facilitando os desprazamentos e contribuíndo a mellorar os servizos na zona.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, desprazáronse esta mañá ata o lugar para coñecer de primeira man o desenvolvemento dos traballos e comprobar como se están a executar as obras.
