O CONCELLO DE CEE RENOVA OS ASEOS DO PASEO MARÍTIMO, AGORA MÁIS ACCESIBLES E RESISTENTES

O Concello de Cee reformou os aseos públicos do paseo marítimo, dotándoos de instalacións accesibles e equipamentos antivandálicos, deseñados para garantir unha maior resistencia e durabilidade.

Esta actuación permite mellorar as condicións de uso destas instalacións públicas, ofrecendo un servizo máis cómodo, accesible e funcional para a veciñanza e as persoas que visitan a localidade.

🕗 Horario de apertura: de 8:00 a 21:00 horas.

Indicacións para o seu uso

  • Acceso: para entrar nos aseos, é necesario premer o pulsador situado ao lado da porta.
  • Lavado de mans: a auga dos lavamáns, o dosificador de xabón e o secamáns funcionan automaticamente mediante sensores que detectan a presenza das mans.
  • Saída: ao abandonar as instalacións, é necesario deixar a porta pechada.

Con esta renovación, o Concello de Cee continúa mellorando os servizos públicos e os equipamentos municipais, apostando pola accesibilidade, a funcionalidade e a conservación dos espazos de uso común.