O Concello de Corcubión continúa cos traballos de desbroce e limpeza de camiños en todo o municipio

O Concello de Corcubión continúa avanzando nas tarefas de desbroce e mantemento dos camiños e das zonas verdes do municipio. Durante as últimas semanas, as brigadas municipais levaron a cabo actuacións de limpeza e acondicionamento en diferentes puntos do concello, co obxectivo de mellorar a seguridade, a accesibilidade e a conservación dos espazos públicos.

Estes traballos forman parte das labores periódicas de mantemento que se realizan ao longo do ano para garantir que os camiños e as áreas verdes se atopen nas mellores condicións para a veciñanza.

Desde o Concello informan de que nas vindeiras semanas os operarios continuarán actuando nas zonas que aínda están pendentes, ata completar o desbroce e a limpeza en todo o termo municipal.

O Goberno local agradece a comprensión e colaboración da cidadanía durante a execución destes traballos, que contribúen a manter un concello máis limpo, seguro e coidado para todas e todos.