
O Concello de Fisterra vén de adxudicar a licitación das obras denominadas **«Mellora do firme en Sardiñeiro»**, unha actuación que permitirá renovar o pavimento en dous puntos do municipio: a rúa da Praia, na parroquia de Sardiñeiro, e o camiño que comunica Padrís co concello de Cee.
O proxecto conta cun orzamento total de **107.181,81 euros**, financiado mediante unha achega de 58.719,90 euros da Deputación da Coruña, con cargo ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS+2024), e unha contribución municipal de 48.461,91 euros.
As actuacións teñen como obxectivo mellorar o estado do firme nestes dous viarios, favorecendo así a circulación e a seguridade das persoas usuarias.
Segundo informou o Concello, o prazo de execución previsto para os traballos será de **dous meses**.
