O Concello de Teo remata o asfaltado da vía que conecta Noenlles con Procelas

O Concello de Teo vén de rematar as obras de asfaltado da vía que conecta os núcleos de Noenlles e Procelas, co obxectivo de mellorar o estado do firme e as condicións de circulación nesta zona do municipio.

A actuación abrangue un tramo de 615 metros lineais, no que se aglomerou unha superficie total de 2.523 metros cadrados.

Os traballos foron executados con fondos propios do Concello de Teo, que continúa así coas actuacións de mellora e conservación da rede viaria municipal.

Con esta intervención, o goberno local avanza na mellora das infraestruturas viarias e na prestación de servizos aos veciños e veciñas do municipio.