
O Concello de Vimianzo informa da existencia dun servizo para comunicar problemas na recepción do sinal da Televisión Dixital Terrestre (TDT) nas parroquias de Bamiro, Salto, Tines, Serramo e Treos.
As persoas residentes nestas localidades que teñan dificultades para recibir correctamente as canles de televisión poden notificar a incidencia a través do teléfono gratuíto **900 833 999**. As actuacións técnicas que sexan necesarias para restablecer a correcta recepción do sinal realizaranse sen ningún custo para os usuarios.
O prazo para comunicar os problemas remata o **30 de novembro**, data na que finalizará o período de garantía nestas cinco parroquias.
Desde o Concello fan un chamamento á veciñanza afectada para que non deixe pasar o prazo e comunique calquera incidencia antes desa data, co obxectivo de poder recuperar a normalidade na recepción do sinal televisivo.
