
O Concello de Zas convoca á veciñanza este 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬, 𝟏𝟑 𝐝𝐞 𝐟𝐞𝐛𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨, 𝐚́𝐬 𝟐𝟎:𝟎𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬 𝐧𝐨 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐒𝐨𝐜𝐢𝐨𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐙𝐚𝐬, para abordar a preocupante situación do Centro de Saúde.
A marcha dun médico titular e, especialmente, o feito de que 𝐥𝐞𝐯𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐨 𝐬𝐞𝐧 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐚 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐝𝐞 𝐩𝐞𝐝𝐢𝐚𝐭𝐫𝐢́𝐚, están a afectar directamente á atención sanitaria no noso concello.
A sanidade pública é un servizo esencial e non podemos permitir que esta situación se prolongue sen respostas claras.
A participación da veciñanza é clave.
Só desde a unión poderemos esixir unha atención sanitaria digna para Zas.
