
O Partido Popular de Melide denunciou a situación de falta de mantemento que, segundo asegura, presentan os centros educativos do municipio, tras recibir queixas de familias e alumnado.
A formación popular reclama ao Concello de Melide que asuma as súas competencias e garanta unhas condicións adecuadas de conservación nas instalacións educativas, ao considerar que os nenos e nenas non deberían desenvolver a súa actividade diaria en espazos afectados por esta situación.
Así mesmo, o PP asegura que continúa á espera de respostas do Goberno local ás preguntas formuladas no último pleno municipal sobre os traballos de mantemento realizados nos centros educativos antes do comezo do actual curso escolar.
Desde o grupo popular insisten na necesidade de que o Concello dea explicacións sobre as actuacións levadas a cabo e adopte as medidas necesarias para mellorar o estado das instalacións educativas do municipio









