
Malpica de Bergantiños viviu este sábado unha intensa xornada de motor coa chegada do Rally Terra de Galicia a diferentes puntos do municipio.
Durante a mañá, os vehículos participantes percorreron os tramos habilitados nas zonas de Cerqueda, Taraio e Casas do Monte, onde a velocidade, o ruído dos motores e a expectación dos afeccionados foron os grandes protagonistas.
As estradas locais convertéronse durante varias horas no escenario dunha competición que reuniu numerosos participantes e afeccionados ao mundo do automobilismo, que se achegaron a distintos puntos do percorrido para seguir de preto o desenvolvemento da proba.
Para garantir o correcto funcionamento do rally, despregouse un importante dispositivo de seguridade e organización ao longo dos tramos. A xornada transcorreu con normalidade grazas tamén á colaboración da veciñanza.
Desde o Concello de Malpica de Bergantiños quixeron agradecer especialmente a implicación e colaboración dos veciños e veciñas, fundamentais para que o evento puidese desenvolverse con seguridade e normalidade.
📸 A continuación, algunhas imaxes do paso do Rally Terra de Galicia por Malpica de Bergantiños.







