
Veciños da Rúa Cuartel da Laracha , quéixanse do mal olor dun almacén municipal próximo á súa casa. Segundo trasladan, na zona exterior, dentro do recinto, amontóanse «papeleiras oxidadas, madeiras, contedoiros de lixo sen lavar…», Debido a esta situación os veciños ven na zona moreas de velutinas, moscas e ratas. O Concello, argumenta a súa defensa, indicando que nese espazo amorean papeleiras, por exemplo, cando as substitúen por outras, artigos que, en todo caso, remarcan, «son logo xestionados como proceda».