PROTECCIÓN CIVIL DE RIBEIRA INTERVÉN NA RETIRADA DUNHA ÁRBORE CAÍDA EN OLEIROS E NUN ACCIDENTE DE TRÁFICO EN DEÁN PEQUENO

O Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira realizou dúas intervencións nas últimas horas en distintos puntos do municipio.

Por unha banda, a dotación de garda foi mobilizada para retirar unha árbore caída no lugar do Muíño de Correa, na parroquia de Oleiros, que impedía a circulación ao cortar a estrada. Os efectivos procederon ao seu corte e retirada para restablecer a seguridade viaria.

Ademais, os efectivos tamén acudiron a un accidente de tráfico en Deán Pequeno, onde, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. Tras a incidencia, o servizo municipal encargouse de realizar os labores de limpeza da calzada para garantir a seguridade da circulación.

Dúas actuacións nas que a rápida intervención dos efectivos de Protección Civil contribuíu a recuperar a normalidade e a seguridade nas vías do municipio.

**Fonte: Agrupación de Voluntarios e Servizo Municipal de Protección Civil de Ribeira.**