
O pasado 1 de outubro, a Comisión de Festas de San Miguel de Valadares denunciou a través das redes sociais o roubo de arredor de 40 metros de barra e uns 25 mostradores. Finalmente, o material apareceu, e todo apunta a que o caso podería ter conexión coa capital do Xallas, Santa Comba.
Veciños e membros da comisión expresaron o seu malestar ante o que consideran unha mostra máis das actitudes caciquís e pouco éticas dunha empresa Xalleira a deriva pola mala gestión que o seu patrón xa demostrou en outras facetas da sua vida. Vendo estas actitudes de determinadas empresas é cando botamos de menos as festas de antes , onde a xente era feliz botando uns bailes cunhas gaseosas.



