
Este xoves, ás 11:00 horas, terá lugar a última actividade da iniciativa «O mar e o plástico: reflexións dende a praia», promovida co obxectivo de sensibilizar sobre o impacto dos residuos plásticos no medio ambiente mariño e costeiro e fomentar actitudes responsables para contribuír á súa conservación.
A actividade de peche, baixo o título «Ilustrando especies en perigo», permitirá ás persoas participantes achegarse ao coñecemento e á observación da vida mariña galega a través da técnica da acuarela. Trátase dunha proposta didáctica e creativa dirixida a maiores de 7 anos, que combina a educación ambiental coa expresión artística.
A participación é gratuíta, previa inscrición a través do correo electrónico turismo@alaracha.gal ou no teléfono 647 828 510.
A iniciativa está organizada polo Concello da Laracha, coa colaboración do GALP Costa da Morte, e pon o foco na importancia de coñecer, valorar e protexer os ecosistemas mariños e costeiros, así como na necesidade de reducir a presenza de residuos plásticos no medio natural.