
Unha colisión entre dous vehículos rexistrada na noite deste martes na estrada AC-544, á altura do quilómetro 11, na parroquia de Covas, en Negreira, saldouse cun condutor falecido e outro ferido.
O accidente produciuse pouco despois das 20:00 horas. Segundo informou o 112 Galicia, un dos ocupantes permanecía inconsciente no interior do vehículo tras o impacto.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias do 061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Santa Comba, GES de Brión e persoal de conservación da estrada.
Os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento dun dos condutores, mentres que o outro implicado foi evacuado ao hospital. Non houbo máis persoas afectadas.
Fonte: 112 Galicia e Bombeiros de Brión.
