
Os residentes denuncian nas redes sociais que os restos da maleza quedaron sen recoller e esparexidos pola rúa tras a intervención dos servizos de xardinería municipais.
Os veciños de Vilarodís, na parroquia de Arteixo, amosaron o seu malestar polo estado no que quedaron os xardíns situados fronte ás Casas Verdes, en fronte da Citroën, tras os labores de desbroce realizados esta mañá polos servizos de xardinería do Concello.
Segundo trasladan os residentes da zona, os operarios realizaron os traballos de roza, pero deixaron os restos da maleza sen recoller, esparexidos polo espazo axardinado e pola rúa.
A situación xerou malestar entre os veciños, que consideran que os labores de mantemento deberían completarse coa retirada dos restos vexetais para deixar a zona limpa e en condicións axeitadas.
Os residentes agardan que se proceda á recollida da maleza acumulada e que, en futuras intervencións, os traballos de desbroce vaian acompañados da correspondente limpeza, evitando que os restos queden abandonados nas inmediacións das vivendas.
Os veciños reclaman así unha actuación completa que permita manter limpos e coidados os espazos públicos de Vilarodís.






