Vimianzo dá a benvida ao Nadal cun acendido de luces, música e chocolatada

Vimianzo celebra hoxe o inicio do Nadal cunha programación especial pensada para todos os públicos, na que non faltarán a música, o entretemento e as actividades para compartir en familia.

A xornada comezará ás 19:00 horas coa chegada das Fadas de Nadal de La Guagua, que serán as encargadas de animar as rúas e achegar a ilusión destas datas aos asistentes.

Ás 20:00 horas terá lugar o acendido oficial da iluminación de Nadal, acompañado dunha sesión de Discoteca de Señoras… e Señores tamén!, coa música de Marta Alonso e Pablo Reboleiro.

A celebración continuará a partir das 21:00 horas cunha chocolatada con churros para todos os asistentes.

Con esta proposta, Vimianzo dá comezo á programación do Nadal cunha tarde-noite de música, animación e actividades para desfrutar en comunidade.