🚨 Accidente con feridos en Laranga, Porto do Son

Laranga (Porto do Son), 6 de agosto de 2026. — Un accidente de tráfico rexistrado este xoves, arredor das 20:30 horas, deixou varias persoas feridas tras unha colisión por alcance entre varios vehículos na estrada DP-7103, ao seu paso por Laranga, no municipio de Porto do Son.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos do GES de Porto do Son, Bombeiros de Boiro, servizos sanitarios 🚑 e Policía Local 🚔, que interviñeron na atención ás persoas afectadas e no control da circulación.

O accidente provocou dificultades no tráfico mentres se desenvolvían as labores de asistencia e se aseguraba a zona.

Polo momento, non transcenderon máis detalles sobre o número exacto de persoas feridas nin sobre a gravidade das súas lesións.