
O 𝐚𝐥𝐜𝐚𝐥𝐝𝐞 𝐝𝐚 𝐁𝐚𝐧̃𝐚, José Antonio Pereira Gil , participou este xoves na reunión da
𝐜𝐨𝐦𝐢𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐚 𝐀́𝐫𝐞𝐚 𝐝𝐞 𝐓𝐫𝐚𝐧𝐬𝐩𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐌𝐞𝐭𝐫𝐨𝐩𝐨𝐥𝐢𝐭𝐚𝐧𝐨 (ATM) de Santiago de Compostela, presidida pola directora xeral de Mobilidade, Judit Fontenla. No encontro estiveron presentes representantes dos 18 concellos que integran esta área e serviu para avaliar o funcionamento do sistema e revisar as melloras impulsadas pola Xunta.
No caso da Baña, o alcalde 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐨𝐮 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐦𝐚𝐢𝐨𝐫 𝐟𝐫𝐞𝐜𝐮𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐨 𝐬𝐞𝐫𝐯𝐢𝐳𝐨, xa que as conexións actuais con Santiago resultan insuficientes, especialmente nos tramos máis demandados. O Concello reiterou a 𝐧𝐞𝐜𝐞𝐬𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐫𝐞𝐟𝐨𝐫𝐳𝐚𝐫 𝐨 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐩𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐩𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 para garantir á veciñanza unha 𝐦𝐨𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐞𝐟𝐢𝐜𝐚𝐳 𝐞 𝐚𝐜𝐨𝐫𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐚 𝐫𝐞𝐚𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐢𝐚𝐫𝐢𝐚 do municipio.
Dende o Concello da Baña, continuaremos traballando para que a nosa veciñanza dispoña dun transporte público máis accesible, funcional e adaptado ás súas necesidades.
