


A conta atrás para a nova edición da Festa da Carballeira xa comezou. O histórico festival, que terá lugar os días 7 e 8 de agosto en Zas, acaba de facer públicas as tres primeiras confirmacións do cartel de 2026.
Entre os nomes destacados desta primeira avanzadilla atópanse Baiuca, unha das propostas máis innovadoras da música galega actual; Xabier Díaz xunto ás Adufeiras de Salitre, referentes da recuperación e difusión da tradición oral e musical de Galicia; e David Pasquet, recoñecido internacionalmente pola súa fusión de música tradicional e sons contemporáneos.
A organización aposta así por unha combinación de música tradicional, folk e novas tendencias, reunindo no escenario da Carballeira propostas de raíz galega con proxección internacional.
Como cada verán, a Carballeira volverá converterse nun dos grandes puntos de encontro culturais e musicais de Galicia, atraendo público de diferentes lugares para gozar dun ambiente único no corazón da Costa da Morte.
📍 Zas
🗓️ 7 e 8 de agosto de 2026
🎟️ Entradas xa dispoñibles en entradas.festadacarballeira.com