PATIART CORISTANCO brilla na Segunda Categoría Show

O pasado sábado 20 de xuño, o grupo Patiart Coristanco desprazouse ata O Porriño para participar na competición de Segunda Categoría Show coa súa formación de grupo pequeno, “O último traxecto”.

A actuación estivo marcada polo esforzo, a dedicación e o traballo constante das súas integrantes, que volveron demostrar o nivel artístico e a paixón que caracteriza ao equipo. Desde a organización destacan o orgullo polo traballo realizado polas nenas, que seguen medrando sobre o escenario en cada actuación 💜💪.

Tras esta experiencia, o equipo xa pon a mirada na súa próxima cita: Asturias, este sábado 27 de xuño, onde participarán con todos os seus shows, levando de novo o seu talento e enerxía a unha nova competición 🍀.

Moita sorte nesta nova parada da viaxe!