
A Plataforma Contra a Mina de Coéns convoca unha concentración cidadá o xoves 30, ás 19:00 horas, na Praza dos Voluntarios de Laxe, para expresar o rexeitamento aos proxectos mineiros que afectan ás parroquias de Coéns e Gundar, así como ao permiso de investigación que abrangue os concellos de Laxe, Zas e Cabana de Bergantiños.
A mobilización pretende reunir á veciñanza e a todas as persoas preocupadas polo posible impacto destas iniciativas sobre o medio natural, a paisaxe, os recursos hídricos e as actividades económicas tradicionais da comarca.
Desde a Plataforma fan un chamamento á participación cidadá para defender o territorio e reclamar a paralización dos proxectos mineiros, considerando que poden supoñer unha ameaza para o patrimonio ambiental e a calidade de vida da Costa da Morte.
Baixo o lema «Agardámoste», a organización anima á cidadanía a asistir a esta concentración e a amosar o seu apoio á defensa do territorio.