Axudas para subministración eléctrica en Carballo

Xa podes solicitar as axudas para subministración eléctrica que vén convocando o Concello de Carballo desde o 2021 para dar resposta ao encarecemento do prezo da luz e garantir o acceso de toda a poboación a un servizo básico como é a electricidade. Nestes catro anos concedéronse un total de 408 subvencións.

As familias beneficiarias recibirán un pago único de 200 euros. Estas subvencións son compatibles coas liñas de axuda que poidan convocar outras Administracións.