
O Concello de Vimianzo informa á veciñanza de que, debido á importante redución do caudal do río de Xora, que afecta á captación de Pedra Cuberta, é necesario adoptar medidas para controlar e reducir o consumo de auga da rede municipal que abastece as parroquias de Bamiro, Salto, Tines e Baio.
Co obxectivo de garantir o abastecemento para os usos básicos da poboación, queda prohibido temporalmente o uso de auga da rede municipal para:
- Rego de xardíns, hortas e zonas verdes.
- Lavado de vehículos.
- Enchido de piscinas.
- Outros usos non esenciais que supoñan un consumo elevado de auga.
O Concello pide a colaboración de toda a veciñanza para facer un uso responsable da auga, evitando calquera consumo que non sexa imprescindible e contribuíndo así a preservar as reservas dispoñibles.
Estas medidas manteranse mentres persista a situación de baixo caudal e sexa necesario garantir o abastecemento para os usos básicos.
A colaboración de todos e todas é fundamental para garantir o abastecemento de auga á poboación.