Uso responsable da auga: o Concello de Vimianzo adopta medidas para reducir o consumo

O Concello de Vimianzo informa á veciñanza de que, debido á importante redución do caudal do río de Xora, que afecta á captación de Pedra Cuberta, é necesario adoptar medidas para controlar e reducir o consumo de auga da rede municipal que abastece as parroquias de Bamiro, Salto, Tines e Baio.

Co obxectivo de garantir o abastecemento para os usos básicos da poboación, queda prohibido temporalmente o uso de auga da rede municipal para:

  • Rego de xardíns, hortas e zonas verdes.
  • Lavado de vehículos.
  • Enchido de piscinas.
  • Outros usos non esenciais que supoñan un consumo elevado de auga.

O Concello pide a colaboración de toda a veciñanza para facer un uso responsable da auga, evitando calquera consumo que non sexa imprescindible e contribuíndo así a preservar as reservas dispoñibles.

Estas medidas manteranse mentres persista a situación de baixo caudal e sexa necesario garantir o abastecemento para os usos básicos.

A colaboración de todos e todas é fundamental para garantir o abastecemento de auga á poboación.