Pavimento deteriorado, buratos perigosos e mobiliario desaparecido: o abandono dun parque que presume de zona verde

O estado dalgunhas zonas deste parque está a xerar malestar entre os usuarios ante a falta de mantemento e reposición de elementos deteriorados.

O pavimento presenta zonas en mal estado e, especialmente preocupantes, son os buratos existentes no xardín, que poden supoñer un risco para as persoas que pasean ou utilizan este espazo.

A situación tamén é evidente no mobiliario urbano. As bases das papeleiras continúan instaladas, pero as propias papeleiras desapareceron. Algo semellante sucede cos bancos: en varios puntos onde anteriormente había lugares para sentarse, agora só quedan os espazos baleiros, polo que parece que aos usuarios lles toca sentar no chan.

Mentres se presume do número de parques, zonas verdes e espazos públicos da cidade, os veciños reclaman que esa aposta se traduza tamén nun mantemento efectivo. Non se trata só de inaugurar ou anunciar espazos, senón de repoñer e reparar aquilo que se rompe ou se deteriora co paso do tempo.

Os usuarios agardan que facer visible esta situación sirva, polo menos, para que se tomen medidas e se repoñan os elementos que faltan, ademais de reparar os desperfectos que poden representar un perigo.

Porque un parque non se conserva con anuncios: conservase mantendo, reparando e repoñendo o que falta.