Rematan as obras de pavimentación do vial Escaselas

Remataron as obras de pavimentación do vial Escaselas, unha actuación destinada a mellorar as condicións de circulación e a seguridade viaria nesta zona.

Os traballos están enmarcados no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal – Plan Único de Concellos (POS+) 2025 da Deputación da Coruña, dentro das actuacións previstas para a mellora das infraestruturas municipais.

A intervención permitiu renovar e acondicionar o firme do vial, contribuíndo a mellorar a accesibilidade e a comodidade tanto para os vehículos como para as persoas usuarias da vía.

Desde o Concello saliéntase a importancia deste tipo de actuacións para continuar avanzando na conservación e mellora da rede viaria municipal e dar resposta ás necesidades das diferentes zonas do municipio.

A actuación contou co financiamento da Deputación da Coruña a través do POS+ 2025.