
O Concello de Ponteceso está a piques de rematar as obras de ampliación da pista de acceso ao núcleo de Carballido, na parroquia da Graña. Esta actuación permitirá mellorar a seguridade viaria e facilitar os desprazamentos diarios da veciñanza.
O proxecto supón unha mellora das infraestruturas de acceso a este núcleo, contribuíndo a ofrecer unhas condicións de circulación máis seguras e cómodas para as persoas residentes.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, quixo agradecer a colaboración da familia propietaria dos terreos, así como o traballo desenvolvido pola empresa construtora e a paciencia amosada pola veciñanza durante a execución das obras.
Con esta actuación, o Concello continúa a impulsar melloras nas infraestruturas locais para favorecer a mobilidade e a calidade de vida da veciñanza.
