EDUCACIÓN | COMEZA A LIMPEZA, ACONDICIONAMENTO E PINTADO DA FACHADA DO C.E.I.P. AREOUTA DE SARDIÑEIRO

Hoxe deron comezo os traballos de limpeza, acondicionamento e pintado da fachada exterior do C.E.I.P. Areouta de Sardiñeiro, unha actuación necesaria para renovar a imaxe do centro e mellorar o estado das súas instalacións, que presentaban un avanzado deterioro.

Esta intervención chega tras varias reunións e xestións realizadas polo Concello coa Consellería de Educación, co propósito de dar resposta a unha demanda trasladada desde hai tempo pola comunidade educativa.

Desde o Goberno municipal queremos agradecer á Consellería de Educación e á Xunta de Galicia a súa colaboración, implicación e disposición para atender as peticións formuladas polo Concello e facer posible o inicio desta actuación.

O Concello seguirá pendente do desenvolvemento dos traballos e informará puntualmente sobre a súa evolución.