


O PPdeG de Corcubión volve denunciar o estado de deterioración no que se atopa a subida ao cuartel, na rúa Cruceiro de Valdomar, unha situación que, segundo sinala a formación, leva tempo sendo trasladada aos plenos municipais sen que, polo momento, se adoptasen solucións.
Desde o Partido Popular advirten de que se trata dunha vía pola que transitan diariamente numerosos vehículos e centos de peregrinos, polo que consideran especialmente preocupante o seu estado de conservación.
A formación popular critica a falta de actuación por parte do goberno municipal do BNG e reclama que se tomen medidas para reparar e acondicionar esta rúa canto antes.
O PPdeG de Corcubión insiste en que se trata dunha demanda que xa foi exposta en reiteradas ocasións e pide ao executivo local que deixe de adiar a intervención e dea resposta a unha situación que afecta tanto á veciñanza como ás persoas que visitan o municipio e percorren o Camiño de Santiago.
