
O conselleiro de Facenda participou no 65º aniversario da fábrica de Coca-Cola na Coruña, onde destacou a súa evolución industrial e o seu compromiso con Galicia.
A CORUÑA, 10 de novembro de 2026.– O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou a importancia da innovación e das novas tecnoloxías para fortalecer a competitividade do tecido produtivo galego durante o acto de celebración do 65º aniversario da fábrica de Coca-Cola na Coruña.
Acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, Corgos puxo en valor a evolución da planta, a súa aposta pola automatización e a eficiencia, así como a súa contribución económica e social á cidade e a Galicia.
O conselleiro tamén defendeu a necesidade de atraer novos investimentos mediante unha Administración facilitadora, próxima e proactiva, que ofreza estabilidade e seguridade ás empresas.
Finalmente, apostou pola colaboración público-privada para impulsar a innovación, a internacionalización e o desenvolvemento industrial de Galicia.
