
O alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso realizou hoxe unha visita ás instalacións do 112 Galicia, co obxectivo de coñecer de primeira man o funcionamento deste servizo esencial de atención ás emerxencias.
Durante a visita, os estudantes tiveron a oportunidade de descubrir como se desenvolve o traballo diario dos profesionais que reciben e xestionan as chamadas de emerxencia, así como coñecer os procedementos de actuación e coordinación ante diferentes situacións.
A xornada tamén permitiu resolver as dúbidas do alumnado e achegarlles unha visión máis directa da importancia do 112 Galicia na atención á cidadanía, especialmente en situacións nas que unha resposta rápida e coordinada resulta fundamental.
Unha experiencia formativa que complementa os coñecementos adquiridos nas aulas e que permite achegar o futuro profesional do alumnado á realidade dos servizos de atención e emerxencias.
