O Concello de Ponteceso renova a marquesiña de Pazos dentro do plan de mellora das paradas de autobús

O Concello de Ponteceso vén de renovar a marquesiña da parada de autobús de Pazos, unha actuación incluída no plan municipal de mellora das infraestruturas do transporte público.

A intervención céntrase nunha parada situada na estrada autonómica AC-419, un punto de paso habitual para a veciñanza que utiliza esta vía para desprazarse ata o centro de Ponteceso e outras localidades da contorna.

Esta renovación dá continuidade aos traballos realizados hai aproximadamente un ano, cando o Concello actuou noutras cinco paradas do municipio, concretamente nas de Langueirón, Limiñoa, Tallo, Corme-Aldea e Cores.

Con esta nova actuación, o goberno municipal continúa coas intervencións destinadas a mellorar o estado das marquesiñas e as condicións de espera das persoas usuarias do transporte público