

Os traballos inclúen a renovación de preto de 600 metros de firme e a adecuación das gabias en ambas marxes, con cortes temporais ao tráfico previstos durante a próxima semana.
O Concello de Cabanas iniciou este venres as obras de renovación do aglomerado no camiño municipal que conecta Relousada con O Alto, unha actuación que obrigará a realizar peches temporais ao tráfico rodado mentres se desenvolven os traballos.
O proxecto contempla a renovación de preto de 600 metros lineais de estrada, así como a formación e acondicionamento das gabias en ambas marxes, co obxectivo de mellorar o estado do firme e as condicións de drenaxe da vía.
A intervención está financiada a través dunha subvención solicitada polo Concello á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Os traballos continuarán o vindeiro luns e a súa finalización está prevista ao longo da próxima semana, sempre que as condicións meteorolóxicas permitan o normal desenvolvemento da actuación.
Desde o Concello solicitan á veciñanza e aos usuarios da estrada que extremen as precaucións, presten atención á sinalización instalada e teñan en conta as restricións de circulación durante o período de obras.
Cabanas conmemora o Día Mundial da Infancia
Coincidindo coa xornada de inicio destes traballos, o Concello tamén se sumou á celebración do Día Mundial da Infancia, unha data que lembra a aprobación, en 1959, da Declaración dos Dereitos do Neno por parte da Organización das Nacións Unidas (ONU).
A administración local quixo destacar o papel fundamental dos nenos e nenas na sociedade e reivindicar a importancia dunha infancia na que se garantan as condicións necesarias para un desenvolvemento persoal, educativo e social adecuado, elementos fundamentais tamén para o seu futuro laboral e vital.
