
Unha veciña da Costa da Morte solicita axuda para tentar recuperar a súa maleta, que, segundo relata, lle foi roubada durante unha viaxe en autobús da compañía Arriva.
Os feitos terían ocorrido nun servizo que saíu da Coruña ás 18:30 horas con destino a Fisterra. A afectada sospeita que alguén levou a súa equipaxe durante o traxecto e fai un chamamento á colaboración cidadá por se algunha persoa viu algo ou ten información que poida axudar a esclarecer o sucedido.
A veciña pide que se comparta a súa petición para chegar ao maior número posible de persoas, especialmente a aquelas que viaxaron nese autobús.
Calquera información que permita localizar a maleta ou identificar o que aconteceu pode ser de gran axuda para a afectada.
